Verónica Salgueiriño: Nanociencia en Galiza

A profesora do Departamento de Física Aplicada da UVigo, Verónica Salgueiriño Maceira ofreceu hoxe no IES Chapela a conferencia “A nanociencia en Galiza” dentro das actividades que o EDLG do instituto vén desenvolvendo para celebrar o “Día da Ciencia en Galego”. Nunha conferencia dirixida ao alumnado de 2º e 3º ESO, a investigadora e profesora da UVigo falounos da actividade que desenvolve co seu grupo de investigación en torno aos materias magnéticos de escalas nanométricas, con aplicacións tecnolóxicas, enerxéticas, medicinais… Verónica demostrou dabondo a importancia do traballo que está levando a cabo pero sobre todo transmitiunos tres ideas. En galego faise ciencia, como foi a súa conferencia impartida na nosa lingua. En Galicia faise ciencia, e ciencia punteira pese a que ás veces non contemos con todos os medios e inversións necesarias. As mulleres fan ciencia, e a súa invisibilidade e os escollos que teñen que superar a medida que avanzan na súa carreira profesional, docente e investigadora, deben ser derrubados. En Galicia, en galego, e unha muller, demostrounos que todo isto é posible. GRAZAS VERÓNICA!

Verónica Salgueiriño

Advertisements

Mércores con música: competición de videoclips no IES de Chapela

Xa chegou unha nova edición do concurso de videoclips galegos no IES de Chapela.

As eliminatorias terán lugar todos os mércores ás 10:10 e ás 19:40. Entre toda a comunidadeeducativa votaremos para escoller o mellor videoclip do ano. Participa!

mércores con música 2018

Xurxo Mariño en Chapela

Este luns tivemos o privilexio de aprender algo máis sobre o funcionamento do noso cerebro da man do grande científico galego Xurxo Mariño.

Xurxo Mariño é doutor en neurofisioloxía e deixounos claro que os cerebros das persoas bilingües, que manexan desde o nacemento dúas linguas, son máis rápidos á hora de escoller entre dúas alternativas e retrasan tamén a aparición de enfermidades neurodexenerativas como o alzheimer. Privilexios que temos as sociedades con dúas linguas!IMG_4602